Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prenden un home en cadeira de rodas como presunto autor dun acoitelamento na Coruña

Prenden un home en cadeira de rodas como presunto autor dun acoitelamento na Coruña

O ferido de arma branca precisou puntos de sutura nunha perna

Está previsto que o detido pase este xoves á disposición xudicial

G24.gal 29/01/2026 14:23

Unha disputa entre, supostamente, dous indixentes alterou a tranquilidade na zona de Cidade Escolar contra as cinco da tarde deste mércores. A discusión foi subindo de ton e rematou cun deles ferido leve, tras ser acoitelado nunha perna. 

O presunto agresor é un home que vai en cadeira de rodas. Tras os feitos, fuxiu do lugar cara ao barrio da Agra do Orzán, a onde chegou acompañado doutro varón que nada tiña que ver cos feitos.

"Eu non coñecía esa persoa, parece ser que viña de Labañou en cadeira de rodas". "Viñan de facer algo gordo, non de roubar no Gadis", comentan os veciños.

Ao pouco, A Agra do Orzán comezou a encherse de patrullas policiais.

"Eu vin pasar a policía e despois xa vin catro patrullas". "A policía andaba á procura de algo debaixo dos coches e non contedores. Despois souben que buscaban un coitelo". "Rexistraron todo e ao da cadeira de rodas, erguérono e tamén o rexistraron. A policía atopou un coitelo grande".

Axentes da Policía Local prenderon o home que ía en cadeira de rodas como presunto autor dos feitos. Ao outro tamén o levaron, pero só para identificalo.

Está previsto que o presunto agresor pase este xoves a disposición xudicial. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade