Publicador de contidos

Publicador de contidos

A enchente do Miño anega parte das instalacións do Club Fluvial Lugo

A enchente do Miño anega parte das instalacións do Club Fluvial Lugo

A piscina permanece pechada mentres se traballa en achicar a auga

A auga anegou as piscinas do club fluvial
G24.gal 29/01/2026 13:16

A enchente do Miño tras a sucesión de borrascas rebordou o río ao seu paso por Lugo. A auga anegou as pistas e as piscinas exteriores do Club Fluvial Lugo, e chegou á sala de máquinas da piscina interior.

Moncho Busto, directivo, explica que xa traballan en achicar a auga para reabrir a instalación. Pendentes de achicar a auga para recuperar a normalidade, a piscina permanece pechada. 

"É o que máis nos afecta, porque temos arredor de mil nenos que veñen cada día nadar", di Busto.

Conta que para eles as enchentes son "situacións normais" nesta época, pero di que este inverno está sendo "atípico" en canto a que as borrascas veñen "unha detrás doutra".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade