Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños do Porriño denuncian a existencia de varios narcopisos

Veciños do Porriño denuncian a existencia de varios narcopisos

Os residentes aseguran que hai problemas de violencia e roubos e afirman estar fartos da venda de drogas nun dos bloques de vivendas

Preocúpalles a seguridade e tamén os restos que tiran nas zonas comúns e reclaman medidas 

Lugar dos narcopisos, no polígono de Torneiros, no Porriño
G24.gal 30/01/2026 10:02

Os veciños do polígono de Torneiros, no Porriño, denuncian a existencia de varios puntos de venda de droga entre a veciñanza. Aseguran que hai problemas de violencia e roubos por mor desta actividade.

Os residentes aseguran estar fartos da venda de drogas nun dos bloques de vivendas. 

"Eles cociñan a droga. Venden cabalo, heroína... Teño un bebé de 22 meses e temos que pechar todas as fiestras do piso porque entran todos os olores para dentro".

"Acoden todos os drogadictos [...], non son só eles, son os que a venden, que os erradiquen e que os boten fóra de aquí"

Din que mesmo houbo ameazas e momentos de tensión coas persoas que presuntamente acoden mercar a droga.

"Xa me vin ameazada nese aparcamento saíndo co meu bebé".

​​​"Ameázante cos coitelos, ves coches que non son de aquí, ata con rapaces pequenos drogándose dentro deses coches... e non podemos vivir así. O outro a día unha muller ameazárona os xonquis e intentaron quitarlle o bolso".

Preocúpalles a seguridade e tamén os restos que tiran nas zonas comúns. Atoparon xiringas no parque infantil.

"As mulleres téñenlle pánico, son como as películas dos Estados Unidos. Por favor, que poñan medios suficientes para botar a esta xente de aquí".

"Son as 24 horas, entradas de xente ao portal, coches descoñecidos, xente violenta... Eu tiven un problema cun par deles, sacáronme coitelos no portal e tiráronme un vaso".

"A dentro do edificio ás veces non se pode entrar porque cheira a amoníaco".

Insisten en que xa presentaron denuncias e reclaman que se tomen medidas para acabar con esta situación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade