Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arranxan unha acometida de auga que abastece o 60 % da Coruña

Arranxan unha acometida de auga que abastece o 60 % da Coruña

Para evitar cortes, estase a redirixir o abastecemento por conducións secundarias

Poden rexistrarse episodios de turbidez aleatorios

G24.gal 08/02/2022 13:51

Desde primeira hora da mañá deste martes os operarios afánanse na reparación da fuga que se produciu nunha das principais infraestruturas de abastecemento da cidade herculina, pola que cada día discorren 700 litros de auga por segundo. Unha reparación que se iniciou de xeito urxente para evitar que ningún usuario quedase sen auga.

Poden rexistrarse episodios de turbidez puntuais na cidade herculina ou en concellos da súa comarca como Culleredo, Cambre, Oleiros ou Arteixo. Porén, desde a Empresa Municipal de Augas da Coruña lembran que non supoñen ningún risco para a saúde.

Está previsto que a última hora da tarde ou primeira da noite o sistema queda totalmente normalizado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade