Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arranca unha nova edición do San Froilán en Lugo

Arranca unha nova edición do San Froilán en Lugo

Oito días con máis de 200 actividades culturais e de ocio para todos os públicos

G24.gal 04/10/2022 21:32 Última actualización 04/10/2022 21:41

Este martes comezou oficialmente o San Froilán en Lugo, unha das festas por excelencia do outono en Galicia.

Realmente é día da apertura oficial, pero as atraccións e os postos levan xa dende o sábado a pleno rendemento, e así seguirán ata o vindeiro mércores día 12, festivo nacional.

Durante estes días, arredor de duascentas actividades, máis de cen musicais, farán as delicias do público. Kiko Veneno ou Ariel Rot serán algúns dos artistas que visitarán Lugo.

Tras dous anos marcados pola pandemia, recupérase a presencialidade total e tamén as barracas, instaladas en toda a Avenida Rodríguez Mourelo e polas costas do parque Rosalía de Castro.

E, por suposto, recupérase tamén un dos grandes emblemas do San Froilán, como son as casetas do polbo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade