Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arranca o XGN R Encounter, a gran cita da tecnoloxía e do ocio electrónico

Arranca o XGN R Encounter, a gran cita da tecnoloxía e do ocio electrónico

O encontro, que se celebra en Silleda durante toda a fin de semana, recupera o acceso para o público

G24.gal 08/10/2022 08:00 Última actualización 08/10/2022 08:29

O recinto feiral de Silleda convértese esta fin de semana na gran cita coa tecnoloxía e o ocio electrónico. Por diante 72 horas con máis de 50 actividades programadas.

"Temos a zona de videoxogos onde a xente vén xogar partidas en rede, pero temos tamén a de arte dixital onde veñen compoñer música, realizar animacións en 3D, debuxo en 2D, programación de videoxogos", explica Sabino San Vicente, coordiandor de XGN R Encounter.

Un completo programa formativo e lúdico que inclúe experiencias como as de realidade virtual.

Hai inscritas preto de 800 persoas, menos que antes da pandemia. Veñen cos seus equipos informáticos, preparadas para acampar e pasar aquí a fin de semana. 

O encontro recupera este ano o acceso para o público, logo de dous pechado por mor da pandemia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade