Publicador de contidos

Publicador de contidos

A segunda edición do Club da Saúde de Vimianzo fomenta a saúde integral dos pacientes oncolóxicos e dos seus familiares

A segunda edición do Club da Saúde de Vimianzo fomenta a saúde integral dos pacientes oncolóxicos e dos seus familiares

Tras un proxecto piloto, este ano xa están en sete concellos da provincia da Coruña

G24.gal 07/04/2025 14:18

Participantes do Club de Saúde de Vimianzo cítanse, unha vez á semana, durante hora e media, para mellorar a súa saúde integral.

"Trabállase sobre a saúde psíquica, pero tamén sobre a saúde física e social. Ás veces funciona coma un grupo de apoio porque se crean vínculos", explica Teresa Castro, xefa do Servizo do centro de saúde de Vimianzo.

"Esta iniciativa nace coa intención de estar preto das persoas que nos poidan necesitar, de ter un proxecto que nos achegue ao rural e a todas as persoas que alí están nun proceso oncolóxico ou son acompañantes destes pacientes", manifesta Rocío García de la Barga, coordinadora territorial da AECC na provincia da Coruña.

Magdalena é unha desas pacientes. A ela diagnosticáronlle un cancro no 2023 e cando estaba rematando o seu tratamento soubo deste proxecto piloto.

"Non é só a enfermidade... É a convivencia na casa, a alimentación, o exercicio físico... Válenos moito para saber o que temos que facer no noso día a día. É moi entretido e divertímonos. Recoméndolle á xente vir. Polo menos que veñan probar porque se veñen probar, seguen", asegura Magdalena Amigo, paciente do Club de Saúde de Vimianzo.

"Hai beneficios tanxibles e intanxibles. Unha das persoas que participou díxonos: "Convertémonos nunha tribo: coidámonos uns aos outros", di García de la Barga.

"O feito de facelo dentro da súa contorna social dá un valor engadido. Para nós foi moi importante", conclúe Castro.

Un proxecto que arrancou o ano pasado e que xa está en sete concellos da provincia da Coruña. Con el preténdese que os que viven no rural teñan unha atención máis próxima e adaptada á súa realidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade