Cargando resultados...
Arquivada a demanda contra o grupo Nirvana por pornografía infantil na portada de 'Nevermind'
Un xuíz de California rexeitou a acusación de Spencer Elden, o neno da portada do disco

G24.gal
05/01/2022 08:50
Desestimada a demanda contra o grupo Nirvana por pornografía infantil na famosa portada do bebé na piscina.
Un xuíz de California rexeitou a acusación de Spencer Elden, o neno da portada del disco 'Nevermind', de que o grupo se beneficiara da comercialización da explotación sexual.
Defendía que nin el nin os seus titores legais firmaran un documento autorizando o uso da súa imaxe nin recibira compensación económica ningunha, e asegura que recorrerá.