Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arden por completo unha panadería e dúas vivendas dun edifcio de Arbo

Arden por completo unha panadería e dúas vivendas dun edifcio de Arbo

O lume fixo ceder a estrutura de madeira do edificio e o local comercial do baixo, unha panadería, quedou calcinado

Dúas familias foron realoxadas

 

G24.gal 09/10/2026 13:45

Un inmoble de Arbo quedou arrasado polo lume. En cuestión de minutos a súa estrutura interna construída en madeira cedeu e complicou o traballo dos bombeiros. Os primeiros en chegar foron os portugueses de Melgaço. Atacaron as lapas pola fachada principal do edificio e poucos minutos despois recibiron axuda dos profesionais de Ponteareas que abordaron o lume dende un noiro situado na parte traseira.

"O tellado estaba colapsado e só quedaba parte da estrutura do primeiro andar. Había moitas lapas que se reactivaban baixo os cascallos, nas vigas. O lume parecía controlado e aparecían novos focos", explica Víctor Rodríguez, un dos bombeiros que participou na extinción.

Os veciños din que as lapas podían verse polas ventás e que o inmoble ardeu coma unha candea. Máis de oito horas ininterrompidas traballaron os bombeiros para extinguir un lume que arrasou a panadería do baixo e as vivendas de dúas familias.

No momento do incendio había tres persoas no interior que puideron saír polo seu propio pé e non resultaron feridos. Din os veciños que saíron co posto e as súas casas quedaron calcinadas.

Os afectados están realoxados na vivenda que cedeu un particular e o Concello de Arbo xa comprometeu a súa colaboración. Mentres os servizos de emerxencias controlan que o lume non se reavive e se investían as súas causas sen descartar ningunha hipótese.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade