Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arde un edificio deshabitado en Ourense sen causar danos persoais

Arde un edificio deshabitado en Ourense sen causar danos persoais

As lapas afectaron outros tres edificios da rúa Reza, un tamén sen habitar

O incendio obrigou a cortar a rúa Reza e un carril do Progreso para que actúen os servizos de emerxencias

Edificio calcinado na rúa Reza en Ourense
G24.gal 22/04/2023 11:02 Última actualización 22/04/2023 15:37

Un edificio deshabitado quedou arrasado en Ourense como consecuencia dun incendio que se rexistrou na rúa Reza da cidade, contra as 5:00 da mañá de hoxe.

O 112 Galicia informa de que non houbo danos persoais. Unha vez recibida a chamada pola central de emerxencias galega pasaron o aviso aos Bombeiros de Ourense, que traballan aínda esta mañá do sábado na extinción completa do lume.

O incendio afectou outros tres inmobles lindeiros, un deles tamén deshabitado. Un dos inmobles abandonados estaba ocupado por dous indixentes, que saíron polo seu propio pé.

As lapas comezaron no número 4-6 da rúa Reza, onde estaba o antigo bar Bande. Calcinaron completamente a estrutura interior de madeira, e deixaron o interior e a cuberta esnaquizados.

Dos edificios lindeiros, o lume afectoulle ao número 8, un almacén da empresa Cuevas, na cuberta e na súa estrutura, e ao número 2 con danos menores na cuberta.

A intervención dos Bombeiros da Policía Local de Ourense evitou que se propagasen as lapas a máis edificios. Os servizos de extinción tratan de evitar que se reavive o lume, xa que nesta rúa moitos dos inmobles teñen as vigas e estruturas da cuberta de madeira vella, polo que serían moi inflamable.

Incendio na rúa Reza de Ourense / Twiter Incendio na rúa Reza de Ourense / Twiter
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade