Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arde un aeroxerador no monte Faro, o segundo deste parque no que vai de ano

Arde un aeroxerador no monte Faro, o segundo deste parque no que vai de ano

O lume prendeu no motor, e a altura deste dificultou a extinción O lume prendeu no motor, e a altura deste dificultou a extinción
G24.gal 14/11/2021 19:49

Esta tarde ardeu, por segunda vez neste ano, un dos aeroxeradores do parque eólico do monte Faro.  Os condutores que circulaban pola zona alertaron o 112 ao ver a fumareda, que procedía do incendio na zona do motor.

Os bombeiros acudiron ao lugar, pero a altura que teñen os muíños non permite unha extinción rápida e por esa razón traballaron apagando as lapas do chan.

O mes de marzo pasado xa ardera outro neste mesmo parque.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade