Publicador de contidos
Publicador de contidos

Apuran trámites para que na fin de semana estean na casa os rescatados no Gran Sol

Apuran trámites para que na fin de semana estean na casa os rescatados no Gran Sol

No peor dos casos cóntase con que cheguen o sábado, pero o delegado do Goberno di que poderían chegar incluso hoxe

A natureza da vía de auga e as boas condicións do mar evitaron pór en risco vidas no naufraxio do Piedras

G24.gal 02/06/2022 15:27

A tripulación rescatada en augas de Irlanda tras o naufraxio do Piedras, un arrastreiro con base en Marín, podería estar moi pronto na casa. Iso se todos os trámites administrativos quedan resoltos nas próximas hora.

Entre venres e sábado. Esa é a estimación da armadora para ter de volta na casa os 11 tripulantes do Piedras, o pesqueiro que afundiu nas últimas horas en augas do Gran Sol. Pero antes de voar a Galicia terán que declarar ante as autoridades irlandesas.

"Todos falaron coas súas familias e eles mesmos trataron de tranquilizalas, comentando que estaban en perfectas condicións", di Juan Carlos Martín Fragueiro, da Asociación Armadores de Marín.

Con todo, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, trasladaba este xoves que a chegada podería producirse antes: "Entre hoxe e mañá", dixo.

En declaracións aos medios, Miñones sinalou que o Goberno central está en "contacto directo" coa armadora do buque e traballando en "todos os trámites" para poder facer efectiva a súa volta a Galicia.

O patrón e o xefe de máquinas intentaron sen éxito reparar a vía de auga. Eles foron os últimos en abandonar o barco. "Intentaron salvar o buque e tapar a única vía de entrada de auga que tiñan, pero cando o barco empezou a escorar, para evitar riscos maiores, tiveron que abandonar", explica Martín Fragueiro.

Agora, as declaracións dos 11 tripulantes serán clave para tratar de resolver este naufraxio.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade