Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aparecen centos de sardiñas mortas na praia de Ares

Aparecen centos de sardiñas mortas na praia de Ares

A Consellería do Mar di: "Todo apunta a que a orixe do peixe veña dalgún barco"

G24.gal 24/10/2023 16:55

Na praia de Ares (A Coruña) apareceron este martes pola mañá centos de sardiñas mortas, pero polo momento non se coñece a súa procedencia. Na Consellería do Mar abriron unha investigación para esclarecer este incidente pero estiman que todo apunta a que a orixe da sardiña veña dalgún barco.

A Xunta explicou: "O peixe atopábase en perfectas condicións, polo que se descarta a pesca ilegal con dinamita ou calquera enfermidade que o puidese afectar". Incidiu en que ao chegar á praia, a competencia para a súa recollida é da entidade municipal.

Algúns pensan que este incidente podería ser debido a un barco que pescaba en augas do interior da ría, unha acción que non está permitida, e que co temporal non daría recollido todas as súas capturas. Sospéitase que no momento de realizar a manobra de "levantar" foi cando perdeu centenares de exemplares, que xa estaban mortos e por iso serían arrastrados á costa polas correntes.

Desbotan que este problema se deba a un problema de contaminación, xa que no areal tan só apareceron sardiñas e non outras especies. Á zona trasladáronse axentes da Policía Local de Ares, que comunicaron ao 112 o devandito achado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar