Aparece unha pedra fálica nas escavacións na Torre de Meira, en Moaña
Os expertos cren que puido utilizarse para afiar
Importante achado na escavación que se está a realizar na torre de Meira, en Moaña. Medios internacionais tan importantes como National Geographic xa se fixeron eco do descubrimento.
É coñecido coma a torre de Meira, pero neste xacemento estaba situado un pequeno castelo destruído nas segundas revoltas irmadiñas.
Un equipo de arqueólogos e de canteiros que traballan no lugar acaban de atopar unha pedra con forma de pene moi singular.
É unha peza difícil de atopar en xacementos medievais, con moito nivel de detalle que probablemente se empregou para afiar.
O seu achado causou moita expectación e xa se publicou en diferentes medios de comunicación internacionais.
O destino final da pedra fálica será o Museo de Pontevedra.