Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aparece un canguro nunha estrada de Oia

Aparece un canguro nunha estrada de Oia

Pertence a unha familia que coida animais exóticos nunha leira da súa propiedade

Este marsupial é un ualabí
G24.gal 23/05/2025 17:24

Unha veciña de Oia grava un canguro deambulando por unha estrada. 

Son animais propios de Australia e a súa presenza en Galicia sorprendeu moito os que o atoparon. Porén algúns veciños deste concello xa sabían da súa existencia.

Este marsupial é un ualabí e, ao parecer, é un dos moitos animais que viven na propiedade dunha familia que reside en Oia.

Os veciños aseguran que na propiedade conviven avestruces, pavóns, lémures, suricatas e outras especies exóticas. Din que é unha propiedade legal, onde estes animais reciben todos os coidados en espazos debidamente acondicionados.

O ualabí está de volta na casa e ben coidado, aínda que sorprenda que animais coma estes vivan en Galicia.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade