Arte para devolverlle a vida a Forxán, en Quintela de Leirado
O artista Xulio Fontes, natural desta aldea, leva dous anos realizando diferentes intervencións artísticas para transformar a localidade nun museo ao aire libre
Antigas ferramentas de traballo dan forma ao nome de Forxán e reciben o visitante nun mural homenaxe ao esforzo das xentes desta aldea. Ao seu carón cobran vida os gravados rupestres que atesouran os montes da serra do Leboreiro.
Noutro dos murais, a cabana gandeira da zona e preto da casa materna do artista unha homenaxe a súa nai.
Xulio Fontes afirma que a súa arte é o único que ten para intentar devolverlle a vida a aldea onde naceu. Arte que emerxe entre as ruínas. Hai dous anos que decidiu transformar Forxán nun museo ao aire libre capaz de atraer xente.
Ademais das paredes, onde aínda lle queda un mural sobre o Entroido, comezou a pintar portas e fiestras, algunhas con séculos de historia. Actuará sobre preto de 40. Debido o estado da madeira, di, optou por darlle cor.
Cores vivas que enchen de luz e alegría, comentan os veciños, esta aldea do concello ourensán de Quintela de Leirado convertida nun auténtico lenzo que poderá contemplarse xa rematado no verán.