A Xunta propón expoñer os murais de Urbano Lugrís na rúa Olmos
Tras unha reunión de varios conselleiros, a idea é que non saian da cidade da Coruña
Este mércores terán outro encontro para decidir a localización final, que apunta ao local no que se encontran da rúa Olmos

O futuro dos murais de Urbano Lugrís semella algo incerto aínda. Varios representantes da Xuta e do Concello de Coruña levaron a cabo un encontro para recuperar os murais, que os adquiriu a administración Galega, e exhibilos na rúa Olmos, acción ca que os membros do concello herculino están de acordo en que se manteñan na cidade.
Na reunión participaron, entre outros, o conselleiro de Cultura, José López Campos; o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo e o de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes e o concelleiro de Cultura da Coruña, Gonzalo Castro, entre outros.
Nesa reunión López Campos incidiu en que esta medida dá cumprimento aos acordos a este no Parlamento Galego, e afirmou que "é importante que as administracións camiñemos xuntas", idea que coincide coa expresada polo edil herculino. Ademais, lembrou que a Xunta estaba traballando na recolocación dos murais e tratando de concretar o seu futuro, logo de adquirilos por 36.000 euros.
Os murais, actualmente, sitúanse nun antigo restaurante da rúa Olmos, e non se pensa que saian desa zona por ningunha das partes.
Así foi que se acordou un novo encontro este mércores para avaliar as diferentes opcións propostas e tomar unha decisión, na que hasta se inclúe a posibilidade de deixalos no mesmo sitio, unha opción moito máis económica ca a retirada e o traslado das pezas, que superaría o millón de euros.
A opción que máis se aliña coa estratexia do concello segundo o conselleiro é o reacondicionamento do local para a exposición dos murais alí. As obras necesarias para isto ascenden ata os 400.000 euros, cun custo referido á recuperación dos murais de 150.000 euros, ademais de que habería que chegar a un acordo cos actuais propietarios do local.
Por outro lado, o edil de Cultura avanzou que o consistorio xa leva varias propostas, das que non adiantou ningún contido. O obxectivo é conservar e expoñer os murais na propia cidade da Coruña pois, segundo afirmou, o lóxico é que continúen onde están.