Publicador de contidos

Publicador de contidos

As plantas de residuos do Barbanza e de Nostián incumpren a normativa e os obxectivos

As plantas de residuos do Barbanza e de Nostián incumpren a normativa e os obxectivos

A débeda xerada polos centros preocupa as corporacións municipais

Sogama defende que pode xestionar o lixo de todos os concellos galegos

G24.gal 23/05/2025 14:57

Naceron como alternativa a Sogama e ao seu modelo de valorización de residuos. As plantas de tratamento do Barbanza e de Nostián están hoxe en crise. Non cumpren a normativa europea nin alcanzan os obxectivos de reciclaxe.

"Galicia necesita un novo modelo de reciclaxe", di desde o BNG a súa portavoz, Ana Pontón. 

Os datos falan por si sós: máis dun 60 % do lixo do Barbanza acaba no vertedoiro, e os nove concellos adheridos teñen que afrontar unha débeda superior aos 23 millóns de euros. Hai municipios coma o de Ames que xa pensan en abandonar o modelo.

"Temos que tomar decisións e nós preferimos seguir sós", explica o alcalde, Blas Piñeiro.

No caso da Coruña, a solución pasa por instalar un novo modelo de contedor para residuos que non se poden reciclar. E facer reformas na planta de Nostián para adaptala ao novo sistema.

"Débese ir a un sistema que os residuos se reciclen en orixe e a fórmulas de reciclaxe máis modernas", asegura José Ramón Gómez Besteiro, secretario xeral dos socialistas de Galicia.

O fracaso do modelo ten consecuencias nas arcas municipais.

"Hai unha débeda que os concellos pequenos non van poder asumir", argumenta o presidente do comité de empresa da planta do Barbanza.

Multas por incumprimento da normativa, débedas millonarias coas empresas concesionarias e obras de adaptación, que no caso de Nostian supera os 360 millóns de euros.

"Queremos avanzar nun tratamento sostible dos residuos e abandonar os prexuízos ideolóxicos", di desde o Partido Popular o seu portavoz, Alberto Pazos.

Din desde Sogama que están preparados para poder xestionar os residuos de todos os concellos galegos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade