Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan falecida unha muller de 84 anos nunha piscina en Tui

Atopan falecida unha muller de 84 anos nunha piscina en Tui

Pasadas as 13:30 horas, unha familiar informou de que atopara a muller aboiando na piscina da vivenda, situada no lugar de San Simón, Ribadelouro

Os Bombeiros do Porriño chegaron a desprazarse ata o punto, pero finalmente non foi necesaria a súa colaboración

G24.gal 23/05/2025 14:50 Última actualización 23/05/2025 20:03

Unha muller de 84 anos foi atopada falecida nunha piscina particular en Tui. Malia os esforzos, os servizos sanitarios nada puideron facer pola súa vida.

Pasadas as 13:30 horas, unha familiar informou de que atopara á muller aboiando na piscina da vivenda, situada no lugar de San Simón, Ribadelouro. Ela mesma conseguiu retirar á implicada da auga.

Neste operativo interviñeron Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a Garda Civil. Os Bombeiros do Porriño chegaron a desprazarse ata o punto, pero finalmente non foi necesaria a súa colaboración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade