Investigan a causa da morte dun home localizado nunha rúa de Betanzos
Foi unha persoa a que alertou da presenza do corpo de home na rúa Mandeo
O corpo dun home foi localizado o domingo de madrugada nunha rúa de Betanzos, nun carril de circulación, tras alertar unha persoa da presenza do mesmo. Na beirarrúa da rúa Mandeo foi onde unha muller atopou un home, de 45 anos, tombado, cunha parte do seu corpo sobre este carril de circulación. E ela foi quen alertou a policía local.
"Chegou a policía e eu, desde o balcón, vin unha persoa. E no momento no que cruzaban os municipais, veu un coche da parte de arriba. A condutora era unha muller", conta un veciño da zona.
Non se sabe aínda se a vítima falecera previamente por causas naturais ou se morreu por mor do atropelo.
"O corpo estaba a uns vinte centímetros e caeu. Entón, o coche que viña pasou por riba da persoa. E eu escoitei a policía que lle dicia que non movese o coche".
Un suceso que causou unha forte conmoción porque a vítima era moi coñecida na zona. Os forenses serán os que revelen as causas do falecemento.