Cargando resultados...
Veciños de Mos inician mobilizacións polo corte dunha vía de servizo da A-55
O Concello cortou a vía de Fomento por perigo de desprendementos
O Concello cortou o paso para evitar accidentes
G24.gal
19/05/2025 18:52
Última actualización 19/05/2025 19:11
Veciños de Mos están a iniciar mobilizacións polo perigo de derruba e desprendementos dunha vía de servizo da autovía A-55 á altura de Petelos. O Concello cortou o paso para evitar accidentes, pero o arranxo depende do Ministerio de Fomento.
O corte produce moitas molestias aos usuarios xa que teñen que dar máis voltas e mesmo subir a autovía para ir das terras ás casas ou atallar ou cando hai un accidente na vía principal.