Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza a dar servizo en Moaña o aparcadoiro disuasorio de Domaio con 75 prazas

Comeza a dar servizo en Moaña o aparcadoiro disuasorio de Domaio con 75 prazas

O obxectivo é que os usuarios e usuarias poidan deixar alí o seu coche para poder moverse tanto en autobús coma en vehículo compartido

G24.gal 02/05/2024 14:34

Moaña xa conta cun aparcadoiro disuasorio con 75 prazas de estacionamento dentro dun recinto de 2.000 metros cadrados, que pretende fomentar a mobilidade sostible.

"Que permita os nosos usuarios tanto vantaxes económicas que lle permitirá desprazarse ata este aparcadoiro e compartir vehículo ou desprazarse mediante transporte público", di María Martínez Allegue, conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.

Xa está operativo tras a súa inauguración este mesmo xoves. Deste xeito, darase resposta a unha realidade que obrigaba a moitos condutores e condutoras a estacionar os seus vehículos á beira desta estrada ao seu paso por Domaio.

Conta con dúas prazas para persoas con mobilidade reducida, xa fixo a preinstalación para dar servizo a vehículos eléctricos e conta con parada para o uso do transporte público. Medidas que afondan nunha mobilidade social integradora coas que queren chegar a máis espazos e a máis persoas. 

"Fomentar o uso do taxi, sobre todo no transporte no ámbito máis rural. Ter unhas marquesiñas intelixentes, mellorar as experiencias dos propios usuarios a través do seu teléfono móbil e das súas aplicacións para saber en todo momento o tempo que vai tardar en chegar o bus á súa parada".

O seu orzamento superou os 800.000 euros. Non é o único aparcadoiro disuasorio en Galicia. Con este, xa son máis de 500 as prazas postas a disposición dos condutores. A finais deste ano gardan superar as mil en toda Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar