Dous vehícuos sofren un aparatoso accidente de tráfico en Santiago
Un dos coches envorcou e os bombeiros tiveron que liberar unha das ocupantes
Un aparatoso accidente de tráfico sorprendeu na tarde deste mércores os veciños do barrio compostelán de Santa Marta. Tivo lugar no cruzamento entre as rúas María Casares e avenida da Liberdade. Un vehículo Nissan envorcou cando foi golpeado por un Audi. En cada vehículo viaxaban dúas persoas. A peor parada foi a muller que viaxaba no coche que envorcou, que tivo que ser axudada polos bombeiros para saír do mesmo.
Segundo varias testemuñas, a condutora do Nissan puido non respectar o sinal de ceda o paso, pero tamén destacan que o outro vehículo subía a gran velocidade pola rúa.
O suceso, nun lugar moi transitado, concitou bastante expectación no barrio, tanto pola espectacularidade do mesmo coma polo operativo en que participaron bombeiros, Policía Local e varias ambulancias que atenderon os feridos, que, por sorte, foron todos eles de carácter leve.