Os falecidos por sinistro de tráfico nas cidades descenden un 6 %
Case a metade das persoas que morreron en accidentes en áreas urbanas eran peóns
488 persoas faleceron o ano pasado en España en accidentes de tráfico en zonas urbanas. Supón un seis por cento menos que en 2023. A maioría dos falecidos eran usuarios vulnerables: peóns, ciclistas e motoristas.
Os peóns foron os máis afectados. Houbo 206 falecidos, a maioría tiñan 65 ou máis anos. Morreron 139 motoristas e 26 ciclistas. 79 dos falecidos en vías urbanas viaxaban en coche.
O 28 por cento dos falecidos non utilizaban accesorios de seguridade obrigatorio: casco ou cinto. Os datos seguen mostrando que a maioría de sinistros viarios en España se producen en contornas urbanas. Concentran máis accidentes pero so un de cada catro falecidos. Iso é porque se circula máis amodo que nas estradas.