Cargando resultados...
Ánxeles Vázquez comprométese cos programas de Cruz Vermella
A nova conselleira de Política Social e Igualdade reuniuse cos reponsables da ONG
G24.gal
04/11/2026 14:27
Os programas de inserción, acompañamento e axuda que ten en marcha Cruz Vermella en Galicia recibiron o apoio da nova conselleira de Política Social e Igualdade. Ánxeles Vázquez tivo un primeiro encontro de traballo coa directiva da organización. Afondaron neses proxectos que están a carón das persoas que o necesitan, da infancia ou das mulleres maltratadas. Tamén dos maiores, co chamado programa da soidade non desexada.
A conselleira comprometeuse a mantelo porque o considera fundamental. Dixo que "nunha Galicia que se caracteriza pola súa dispersión e polo envellecemento hai que poñer enriba da mesa programas para estar ao seu carón".