Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Ansu Fati podería estar dous meses lonxe dos terreos de xogo
Recaeu da súa lesión na perna esquerda
                            G24.gal
                        
                            22/01/2022 14:01
                        
                        
                        
                        
                    
                    O torneo copeiro, a maiores da eliminación, deixou outra noticia pésima para o Barcelona. Outra lesión de Ansu Fati. E, desta volta, serán polo menos dous meses de baixa.
O canteirán recaeu da última lesión nos isquios da perna esquerda. Poderían ser ata tres meses fóra, se o xogador decide pasar polo quirófano.
A opción conservadora non garante que non vaia haber novas recaídas. Polo momento non estará mañá en Mendizorroza.
"Estamos frustrados e tristes polo de Ansu", comentou Xavi en rolda de prensa.