Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ander Cantero "Fun moi feliz en Lugo"

Ander Cantero "Fun moi feliz en Lugo"

O actual cancerbeiro do Eibar fala do enfrontamento ante o seu exequipo

G24.gal 26/03/2022 12:12

Durante algunhas temporadas, foi o dono da portería do Anxo Carro. As súas boas actuacións no conxunto da Muralla levárono a un dos claros aspirantes ao ascenso a Primeira División, o Eibar. Ander Cantero pasou polo "Galicia en Goles" para falar do enfrontamento deste sábado entre o seu actual e o seu ex-conxunto.

"O ano está sendo moi bo, con liña sólida no Eibar.  O encontro de Vallecas do ano pasado co Lugo, esa explosión de xúbilo  ao remate, foi a imaxe que amosou a implicación que tiven e tivemos todos nesa temporada. Amosou como é un mesmo, o sacrificio, e ver que tiñamos que dalo todo para conseguilo. Deportivamente é un momento que me vai marcar"

 

Cantero é un dos moitos ex futbolistas que agora militan no Eibar pero que no pasado defenderon a camisola albivermella. 

"É moi curioso que sexamos tantos. Falouse durante a semana. Hai que valorar que agora nun dos equipos punteiros de 2ª división  haxa  tantos xogadores que pasaron por alí,  quere dicir que o Lugo ten relevancia nesta categoría. Eu fun moi feliz en Lugo"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos