Andalucía desactiva a fase de preemerxencia por risco de inundacións
A intensa chuvia rexistrada nas últimas horas deixa máis dun cento de incidencias na provincia de Málaga
En Torremolinos recomendouse aos alumnos non asistir á clase para evitar riscos
A chuvia rexistrada nas últimas horas na provincia de Málaga deixaron máis de 80 litros por metro cadrado en apenas unha hora en distintos puntos do litoral. O 112 leva contabilizadas máis dun cento de incidencias por inundacións de rúas, garaxes e establecementos comerciais.
Unha gran balsa de auga obrigou a pechar a A-7 en ambos sentidos. Houbo tamén problemas na rede secundaria de estradas, aínda que polo momento non houbo incidentes de gravidade. A maior parte concentráronse en Torremolinos, onde dende esta noite esta activado o plan de emerxencias local recomendando aos alumnos que queden na casa.
A Aemet avisa que as precipitacións tamén poden ir acompañadas de tormentas e pedrazo, polo que cómpre extremar as precaucións.
A Xunta de Andalucía desactivou ás 19:04 horas o plan de emerxencias, que se puxo en marcha en fase de preemerxencia a mañá deste luns pola forte tormenta en Málaga, tras finalizar esta tarde os avisos por choivas na comunidade.