Publicador de contidos

Publicador de contidos

Analizamos con Nimo e Hornillos a estratosférica marca de Kipchoge

Analizamos con Nimo e Hornillos a estratosférica marca de Kipchoge

G24.gal 27/09/2022 19:32

Nada mellor que acudir a un galego de 2:12:10 de mellor rexistro persoal, como é Pedro Nimo, para saber a verdadeira dimensión da marca de Kipchoge.

Zapatillas á parte, o kenyano superou en Berlín a marca mundial de maratón, pero sen baixala das dúas horas, o seu verdadeiro obxectivo. Algo que si fixera en 2019 no reto Ineos, que non foi homologado.

Pedro Nimo fixo en 2011 a súa segunda mellor marca tamén en Berlín. E con razón, porque seica non hai mellor lugar no mundo para tales xestas.

Achégase o cabodano de Alejandro Gómez. Fenómeno do cros e novena mellor marca española de todos os tempos no maratón a quen nin este Kipchoge asustaría.

Alejandro xa non está e Kipchoge continúa coa súa teima de baixar das dúas horas malia que os especialistas non teñen unha opinión única a respecto das súas posibilidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade