Ester Navarrete acada a mínima para o Europeo de maratón
A atleta viguesa fixo a súa marca persoal con 2.24:31
A maratoniana viguesa Ester Navarrete cumpriu o dobre obxectivo en Valencia, unha das citas máis prestixiosas da temporada. Conseguiu a súa marca persoal con dúas horas, 24 minutos e 31 segundos. Tamén acadou a mínima para o Campionato de Europa de 2026 que se celebrará no mes de agosto na localidade inglesa de Birmingham.
No global da proba acabou no duodécimo posto e como segunda clasificada entre as españolas, só por detrás de Meritxell Soler que entrou con corenta segundos de vantaxe sobre a galega. Foi unha proba que se correu a ritmo de vertixe. A gañadora, Joyciline Jepkosgei, acadou a mellor marca mundial da temporada na categoría feminina. Na categoría masculina a vitoria foi para John Korir cun tempo de 2:20:25, a terceira mellor marca deste 2025.
O tamén galego Tariku Novales retirouse por problemas físicos á altura do quilómetro dez e non puido repetir o éxito acadado en 2023 cando conseguira a mellor marca estatal no maratón.