Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ana Varela, 4ª na final dos 1.500 no Mundial de Atletismo Paralímpico

Ana Varela, 4ª na final dos 1.500 no Mundial de Atletismo Paralímpico

Ana está contenta co resultado acadado no Mundial que se celebrou na India

"Queremos estar nos Ánxeles"

G24.gal 08/10/2025 16:49

A coruñesa cruzou a meta dos 1.500 metros do Mundial de Atletismo Paralímpico que se celebrou na India cun tempo de 5.17,14 que lle serviu para ser 4ª. "Estamos contentos co resultado". Fala en plural, xa que ao seu carón ía Luis Penido, guía e adestrador. "Luis é unha parte fundamental". 

Ana quedou practicamente invidente por mor dun tumor cerebral con 11 anos e dende aí comprometeuse co deporte. "Grazas ao deporte mellorei a miña autoestima, as condicións físicas e coido que é fundamental na miña vida". Tras o gran resultado acadado no Mundial, a atleta galega só pensa nunha cousa: "Queremos estar nos Ánxeles. Estar nos xogos é o soño de calquera deportista". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade