Cargando resultados...
Belén Toimil acada o seu 6º campionato de España consecutivo en pista cuberta
A mugardesa segue dominando a escena nacional, cun lanzamento de 16 metros e 89 centímetros
G24.gal
28/02/2026 19:47
Novo título para a lanzadora mugardesa Belén Toimil. Revalidou a súa condición de campioa de España en pista cuberta.
Gañou a final de peso no Campionato de España. Este é o seu sexto título consecutivo baixo teito. Toimil foi de menos a máis na final de Valencia e fixo un mellor lanzamento de 16 metros e 89 centímetros.
Non puido chegar os 17,80, a súa mellor marca da temporada, pero demostrou que segue sendo a dominadora do lanzamento de peso en España.