Ana Seabra despídese dun Guardés que traballa no regreso de Nacho Prades
A adestradora portuguesa confirmou que non vai continuar despois de catro anos no club e dúas temporadas completas á fronte do primeiro equipo
Haberá cambio no banco do Mecalia Guardés para a vindeira temporada. A portuguesa Ana Seabra non continuará dirixindo o equipo do Baixo Miño despois de dúas temporadas á fronte do equipo técnico. Seabra chegou en 2022 como segunda adestradora. Xa aquela temporada tivera que coller o equipo no treito final para reconducir a situación, algo que volveu acontecer en maio de 2024.
Os bos resultados con Seabra como adestradora interina fixeron que a directiva apostase por ela para confeccionar o equipo nos dous últimos torneos nos que se acadaron grandes resultados, sobre todo na fase regular do campionato.
Marcha Seabra e a directiva traballa no regreso de José Ignacio Prades. En xaneiro deixou o Elda para volver á Guarda para estar coa súa familia, xusto despois de dirixir a selección de Serbia no último Mundial de balonmán feminino. Prades foi o técnico do Guardés entre 2016 e 2022, tempo no que conseguiu gañar unha Liga.