Cargando resultados...
Gloria Rodríguez, vicepresidenta do Guardés: "Precisamos apoios para non desaparecer"
O Guardés precisa recursos para cubrir as necesidades económicas das dúas competicións nas que participa
O sábado xoga a ida dos oitavos de final da European Cup ante o Erice italiano
Foto Guardés
G24.gal
15/01/2026 15:58
Última actualización 15/01/2026 16:04
Volveu o Guardés sen puntos de Granollers, escapando así a opción de regresar ao coliderado, pero sen tempo para laiarse, toca pensar xa no próximo reto.
O primeiro, este sábado, volve Europa á Sangriña. Ida dos oitavos de final da European Cup ante o Erice italiano.
Necesita o Guardés o apoio da súa afección e tamén recursos para cubrir as necesidades económicas das dúas competicións. Por iso ten en marcha unha campaña de captación de fondos. A vicepresidenta, pide apoios.
Gloria Rodríguez, vicepresidenta: "A campaña non está funcionando todo o ben que queriamos. Que o club non chegue a desaparecer. Precisamos o apoio de todo o mundo para seguir adiante".
Poderán ver a eliminatoria europea este sábado pola G2.