O Guardés estará nas semifinais da Copa da Raíña tras derrotar o Balonmán Morvedre (25-27)
A sorpresa foi a eliminación do Porriño ante o Valladolid por 24-22
Foto Guardés
Unha das sorpresas chegou desde o Huerta do Rei coa eliminación do Conservas Orbe Zendal Porriño cando parecía ter o partido baixo control. Pero a dupla formada por Inoa Lucio e Naroa Baquedano deixou sen opcións as galegas con oito tantos entre ambas que permiten ao Caixa Rural Aula Valladolid asegurar a súa presenza na fase final (24-22).
Pola súa banda o Mecalia Atlético Guardés non perdoou ao Balonmán Morvedre e confirmouse a súa presenza no sorteo da fase final tras impoñerse por 25-27 nun partido onde Elena Martínez e Lorena Téllez foron claves para o conxunto galego con sete tantos.
A fase final da Copa da Raíña disputarase do 8 ao 10 de maio en Illumbe, San Sebastián e terá ao Super Amase Bera Bera como anfitrión e vixente campión, onde se poderá gozar dos catro cuartos de final, as dúas semifinais e a gran final.