Claudio: "Sentimos que todo o mundo cre, non existen dúbidas"
Starfelt non se recupera a tempo e é baixa ante o Friburgo
A boa nova é a recuperación de Hugo Álvarez
O internacional sueco Carl Starfelt é baixa para o partido de mañá ao non recuperarse da lumbalxia coa que regresou de xogar coa súa selección.
“É unha molestia que lle está impedindo saír a adestrar. Está a probar cada día para intentar evolucionar e estar canto antes, pero mañá non estará. Nestas datas é amolado non estar. Oxalá poidamos recuperalo canto antes”, manifestou Giráldez.
A boa noticia para o técnico galego é que Hugo Álvarez xa está recuperado da escordadura de nocello que sufriu fronte ao Valencia en Mestalla, polo que poderá reaparecer ante o conxunto alemán.
Claudio Giráldez percibe o bo ambiente que hai na contorna do equipo.
"É máis fácil estar convencido cando todos están convencidos. E as emocións son contaxiosas. Queremos vivir unha xornada histórica. Sentimos que todo o mundo cre, non existen dúbidas".
Outro aspecto fundamental será de tipo mental.
"É momento de traballar a cabeza, dar valor ao que facemos ben e confiar no que nos trouxo ata aquí. Creo que a mentalidade é o que vai cambiar a inercia".
Sabe que a presenza de Iago Aspas vai ser fundamenta, pero non avanzou se será titular ante o Friburgo.