Publicador de contidos

Publicador de contidos

Claudio: "Cando deixamos de ser humildes, perdemos"

Claudio: "Cando deixamos de ser humildes, perdemos"

O técnico celeste asume a súa responsabilidade e di estar "convencido" en lograr a clasificación para Europa

G24.gal 12/05/2026 21:38 Última actualización 12/05/2026 21:53

O Celta, que parecía corrixir os seus graves erros defensivos nos últimos dous partidos ante Elxe e Atlético, volveu condenarse no seu estadio, de onde seguen escapando puntos.

O Levante é o terceiro equipo, tras Alavés e Oviedo, que chega a Vigo en postos de descenso e acaba sumando a vitoria ante os de Giráldez.

"Levar o cartel de favoritos pésanos moitísimo; cando deixamos de ser humildes, perdemos"

Claudio, algo incómodo coas preguntas, non quere pensar na Champions

"Non penso na quinta praza, senón en estar en Europa o ano que vén. Canto antes pensémolo todos, máis doado será. Temos que pensar que o noso nivel é en mesmo que o do Levante, o Oviedo, o Mallorca... Teñen os mesmos recursos que nós para gañar un partido"

O Celta depende de si mesmo para entrar en Europa League. Os dous últimos rivais serán o Athletic e o Sevilla

"Quedan dous partidos, hai que deixarse a alma e competir como en moitos momentos de hoxe, ou contra o Elxe, ou como no Metropolitano. Faltounos forza. Temos que saber as fortalezas que temos e aproveitalas"

Claudio di estar "convencido" en lograr a clasificación para Europa. Para o próximo encontro en San Mamés agrada poder contar con Moriba.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade