Publicador de contidos

Publicador de contidos

Claudio Giráldez: "Sorprende a evolución de Román, pero teñen moito valor os que debutaron cando chegamos"

Claudio Giráldez: "Sorprende a evolución de Román, pero teñen moito valor os que debutaron cando chegamos"

"Gustaríame que os futbolistas que adestrei me vexan pola rúa e me dean unha aperta"

"É un mérito tremendo que o Fortuna estea na 2ª, pero non imos tolear nin cambiar o modelo"

"Alégrome do ascenso do Deportivo, a Liga, o fútbol galego e Iago Aspas merecen o derbi na 1ª"

"Prefiro o bar con b que o VAR, quita a emoción das celebracións dos goles"

G24.gal 12/07/2026 13:36

Aproveitando a presenza de CLaudio Giráldez nun acto organizado pola Federación Galega de fútbol, escoitamos as reflexións do adestrador do Real Club Celta, que afronta a súa terceira temporada no banco vigués. Precisamente comeza valornado aos seus canteiráns, especialmente a Miguel Román: "Seguramente Román é quen máis sorprendeu nun curto prazo pola súa evolución, é a máis rápida na primeira división. Pero creo que teñen tamén moitísimo mérito os que debutaron cando chegamos: Damián, Hugo Sotelo, Hugo Álvarez...polo difícil momento en que estaba o club".

Neste período, Claudio aprendeu de moitos adestradores: "Aprendín moito de Luis ENrique no Celta; de Berizzo, de Unzué, de Coudet...e despois de xente que non tiven tan preto, de Guardiola, de Del Bosque, que o tiven no Real Madrid. E, dos que me adestraron, do que máis aprendín foi de Alejandro Menéndez".

Sobre os sinais de identidade, "o que quero que o meu equipo amose é afouteza, mirar aos rivais de ti a ti, non sentirte pequeno, que podes subsanar os puntos febles...intentar que o equipo estea por riba da individualidade, e que dependa de todos, non so dos 11 do campo." E ten claro o seu plantexamento: "Nun ca quero xogar en función do rival, matizarei cousas, pero quero ser protagonista".

Sobre as individualidades, "a estrela é o primeiro que ten que estar a disposición do equipo. Despois hai xerarquías, pero o respecto ao equipo é innegociable".

Tamén falou Giráldez do ascenso do Celta Fortuna: "É unha gran alegría que o Fortuna estea na Segunda, un éxito de Fredi, dos rapaces...pero non imos tolear, non imos cambiar o modelo".

Claudio Giráldez amósase contento co ascenso do Deportivo: "Non son anti-Dépor. A Liga, o fútbol galego e Iago Aspas merecen vivir o derbi na primeira división".

O do Porriño ten claro o legado que quere deixar: "Gustaríame que os xogadores que adestrei me vexan pola rúa e me dean unha aperta". E aproveita para reivindicar aos seus axudantes: "Fálase moi pouco dos corpos técnicos, os adestradores somos os voceiros, e iso limita a exposición do corpo técnico a nivel mediático".

Queda cunha vitoria sobre as outras: "Gozo moito no banco, gozo dos partidos...pero a vitoria no Bernabéu, 0-2 ao final..."

E, para rematar, deixa unha curiosa reflexión sobre o Var: "Mellor con B, do VAR non son moi partidario, porque quita a emoción da celebración do gol. Non son quen de celebrar un gol, como adestrador, e non me gusta iso".

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade