O Mecalia Guardés toma vantaxe contra o Erice na Sangriña (25-22)
As galegas resolveron grazas a unha boa racha á volta do descanso (10-10)
A eliminatoria de 1/8 de final da European Cup decidiráse en Sicilia o sábado que ven (G2 e AGalega.gal)
O Mecalia Guardés tomou vantaxe no partido de ida dos oitavos de final da European Cup de balonmán feminino. Impúxose por 25 a 22.
O primeiro tempo foi moi igualado. Ao descanso chegouse con empate a dez goles e con todo por decidir na reanudación. Na segunda metade, as de Ana Seabre chegaron a ter unha vantaxe de 7 goles, que quedaron en tres pola boa actuación da porteira croata do Erice, Capitanovic.
A cubana Lorena Delgado con dez goles, foi a máxima anotadora do partido. Ania Ramos meteu 4 nos seis primeiros minutos da segunda parte axudando ao despegue do seu equipo. O vindeiro sábado veremos na G2 a resolución desta eliminatoria.