Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cultural Leonesa-Deportivo, este sábado ás 18:30 na primeira canle da TVG

Cultural Leonesa-Deportivo, este sábado ás 18:30 na primeira canle da TVG

O Dépor está quinto, a dous puntos do ascenso directo

Os coruñeses levan unha vitoria nos últimos sete partidos

A Cultural Leonesa marca a salvación con 25 puntos

G24.gal 30/01/2026 10:23 Última actualización 30/01/2026 12:49

Deportivo xogará na 24ª xornada da Segunda División contra a Cultural Leonesa nun estadio Reino de León que amenceu completamente nevado fai apenas dous días. No segundo desprazamento como visitante máis curto de toda a liga (despois de Xixón), os coruñeses intentarán repetir a vitoria conseguida na primeira volta por 3-0.

Antonio Hidalgo confirmou a dispoñibilidade de todos os xogadores para este encontro. O Dépor sitúase quinto na táboa clasificatoria con 37 puntos. Isto significa estar a dous puntos do Castellón, que marca o ascenso directo, e un punto por riba do Spórting de Xixón, o primeiro equipo que ameaza os postos de playoff. En cambio, a Cultu marca a salvación con 25 puntos, un máis que a zona de descenso.

A última visita do Deportivo ao Reino de León foi fai pouco máis de dous anos en Primeira Federación. O 14 de xaneiro de 2024, a Cultural Leonesa vencería 1-0 nunha temporada que, a posteriori, remataría co ascenso do Dépor á segunda categoría do fútbol español. Os leoneses levan seis partidos de liga sen gañar, mentres que os coruñeses só puideron vencer un dos últimos sete. Quen se reencontrará coa vitoria? Saberémolo a partir do sábado ás 18:30 na primeira canle da Televisión de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade