Cargando resultados...
O Mecalia Guardés inicia os 1/8 de final da European Cup contra o Erice
O partido de ida na Sangriña (19:00 h), en directo na G2 e AGalega.gal
G24.gal
17/01/2026 13:11
Tres días despois de xogar en liga, o Guardés volverá sentir a calor na Sangriña; para gañar, si, pero mirando de esguello a Siciclia.
Aparcada a derrota contra o Granollers, onde non xogou Ceci Cacheda, as de Ana Seabra necesitan agora dous partidos convincentes en Europa.
O ambiente que se cree na Sangriña semella determinante para o desenlace da eliminatoria.
A partir das sete, na G2, Guardés Erice. Europa en xogo.