Publicador de contidos
Publicador de contidos

Amin volve marcar para un Ourense C. F. que segue gañando como local (3-1)

Amin volve marcar para un Ourense C. F. que segue gañando como local (3-1)

Dobrete do dianteiro, que suma catro goles noutras tantas xornadas

Dúas vitorias e dous empates, grande inicio para os ourensáns

G24.gal 24/09/2023 09:11

O Ourense Club de Fútbol sumou unha nova vitoria en Oira. Foi ante o Covadonga, nun partido que se puxo de cara co gol de Alberto Gil. Despois empataron os asturianos, nunha xogada que saíu dun erro de Marqueta no despexe e aproveitou para marcar Asier Herrero.

Xusto a seguir, Amín marcaba o dous a un cun gran disparo cruzado; o resultado mantívose moitos minutos. O partido rematou co porteiro visitante expulsado e Iván Fernández, xogador de campo, baixo paus. Aí, sentenciou no tempo engadido o propio Amín, que leva catro goles noutros tantos partidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade