Amancio Prada recibe a Rosa de Galicia no 50 aniversario do disco Rosalía de Castro
O acto celebrouse coincidindo co 141 cabodano do pasamento da autora
O cantante berciano recibiu a distinción na Casa-Museo de Padrón
Poucos artistas tan vencellados a Rosalía de Castro como o músico berciano Amancio Prada. E por axudar a coñecela alén de Galicia, a Fundación Rosalía entregoulle a súa insignia Rosa de Galicia na Casa Museo de Padrón, no 141 cabodano da morte da poeta galega e no 50 aniversario do primeiro disco dos catro que Prada lle dedicou.
O presidente do Parlamento, presente no acto, felicitou a Amancio Prada pola súa contribución a que as grandes obras permanezan vivas máis aló dos libros, e facer que as súas mensaxes cheguen a novos públicos e a novas xeracións.
"A súa palabra", dixo Santalices, "foi compañía, consolo e esperanza para miles de emigrantes que atoparon nos seus versos unha forma de segur ligados á súa patria", destacou.