Cargando resultados...
As autoridades homenaxean a Rosalía de Castro no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres
O acto, celebrado no Día de Galicia, combinou unha cerimonia relixiosa e unha ofrenda cívica en Bonaval
Participaron representantes institucionais e centros galegos do exterior
G24.gal
25/07/2025 20:20
Última actualización 25/07/2025 20:32
Este venres foi día de lembranda para unha das grandes das nosas letras, Rosalía de Castro.
Cúmprense 60 anos da celebración da primeira misa oficial en galego, que se coñece como a Misa de Rosalía porque foi en honor á poetisa de Padrón.
Tras a liturxia, celebrada en San Domingos de Bonaval, realizouse unha ofrenda floral a Rosalía de Castro no Panteón dos Galegos Ilustres.
Nela participaron diferentes autoridades, entres as que estaba o presidente do Parlamento, os conselleiros de Cultura e de Educación ou a alcaldesa de Santiago.