Alves: "Hai que continuar concentrados co foco en gañar, en gañar e en gañar"
Sabit Abdulai viu a quinta amarela e non xogará en Irún
O C. D. Lugo tardou en entrar no mercado de inverno pero a falta de poucas horas para o seu peche oficial, conseguiu incorporar a dous futbolistas cos que pretende dar un salto de calidade nesta segunda metade da tempada.
A irregularidade marcou unha primeira fase do curso na que, fóra dun gran mes de outubro sen empates nin derrotas, o equipo non terminou de arrincar para instalarse nos postos de play off do grupo 1 de Primeira RFEF. Por iso, ademais dun cambio de adestrador a finais do pasado mes de decembro, a dirección deportiva liderada por David Peláez traballou nas últimas semanas para reforzar ao equipo segundo as necesidades que transmitiu Paulo Alves. O técnico luso recoñeceu nas últimas roldas de prensa que o equipo necesitaba reforzos na zona de ataque e na mediapunta, sobre todo tras unha lesión de Willy Ledesma.
O equipo tamén recuperou a confianza tras o último triunfo.
"Hai que continuar concentrados co foco en gañar, en gañar, en gañar. Esa é a mensaxe".
"As vitorias axudan, estes xogadores precisaban gañar".
Sabit Abdulai viu a quinta amarela ante a Real Sociedade B a pasada xornada, cumprirá un partido de sanción e non viaxará co equipo para medirse co Real Unión esta fin de semana en Irún.