Publicador de contidos
Publicador de contidos

Álvaro Villasante, do restaurante Paprica, mellor cociñeiro de tapas Galicia 2023

Álvaro Villasante, do restaurante Paprica, mellor cociñeiro de tapas Galicia 2023

Para o xurado popular, o gañador foi Álvaro Pérez, do restaurante ArteSana Gastrobar de Santiago

Álvaro Villasante leva 16 anos á fronte do restaurante Paprica de Lugo
G24.gal 22/03/2023 09:05 Última actualización 22/03/2023 09:35

Álvaro Villasante, chef do restaurante Paprica de Lugo, foi o gañador do premio a mellor cociñeiro de tapas de Galicia  elixido polo xurado profesional na Gala Show Cooking celebrada onte á noite en Santiago. Para o público, a mellor tapa foi a do restaurante ArteSana Gastrobar de Santiago, que capitanea Álvaro Pérez Blanco.

Competían sete cociñeiros de sete restaurantes en representación das sete grandes cidades. Un xurado popular por televoto e outro profesional elixían o mellor cociñeiro de tapas valorando a complexidade técnica, a creatividade, a presentación e o sabor. 

Para o xurado profesional, o gañador foi Álvaro Villasante, do Grupo Nove, que leva 16 anos á fronte do restaurante Paprica de Lugo. A tapa vencedora chamábase "Bonito, morrón, cebola e paixón". 

O xurado popular elixiu como mellor cociñeiro de tapas a Álvaro Pérez Blanco, do restaurante compostelán ArteSana Gastrobar, que competía coa súa tapa "Queixo" representando a cidade de Santiago.

A sétima Gala ShowCooking, celebrada no hotel Monumento San Francisco de Santiago, enmárcase nunha campaña organizada por Turismo de Galicia para atraer turistas botando man da riqueza gastronómica do país. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade