Publicador de contidos

Publicador de contidos

Álvaro Muñoz sofre rotura de ligamento cruzado e será baixa ata final de tempada

Álvaro Muñoz sofre rotura de ligamento cruzado e será baixa ata final de tempada

Álvaro Muñoz perderá os once partidos restantes da tempada

G24.gal 05/03/2024 12:47 Última actualización 05/03/2024 12:52

O capitán do Monbus Obradoiro, Álvaro Muñoz, perderase os once partidos restantes da tempada 2023-2024 despois de que as probas realizadas polos servizos médicos do club, coordinados polo doutor Jesús Marque, confirmasen que o aleiro abulense sofre rotura do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo esquerdo.

O capitán lesionouse o pasado domingo, en Fontajau, a falta de 6:28 para o final do partido. Realizou un mal apoio e tivo que retirarse axudado por dous compañeiros ao banco.

A resonancia realizada na Rosaleda confirmou a primeira valoración que realizaran os servizos médicos do club. Os doutores Hermida e Pérez Abilleira valorarán e programarán o tratamento cirúrxico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade