Cargando resultados...
Álvaro Muñoz segue no Obradoiro ao ritmo do Miudiño
O aleiro xogará por cuarto ano consecutivo no Sar
G24.gal
26/07/2022 15:46
O Obradoiro segue engadindo pezas para o seu proxecto da temporada 22-23. A última é a renovación dun dos capitáns, Álvaro Muñoz. O aleiro de Ávila xogará por cuarta temporada consecutiva no conxunto santiagués demostrando a súa implicación co proxecto.
Malia ser un xogador da segunda unidade a directiva do Obradoiro valora o traballo diario de Muñoz, un deses xogadores chamados "de equipo". Na última temporada promediou 3 puntos en algo máis de dez minutos xogados por partido.
O CAPITÁN NON SE MOVE DA CALDEIRA! 💥@amunioz33, continúa 🔥
— OBRADOIRO CAB (@OBRADOIROCAB) July 26, 2022
ℹ️ https://t.co/g4cY01YN2k#HaiQueSentilo #SomosObra pic.twitter.com/qnZEuP4CHi