Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chamamento de Barcello á afección obradoirista para facerse fortes no Sar

Chamamento de Barcello á afección obradoirista para facerse fortes no Sar

O equipo santiagués repite partido como local despois da grande actuación diante do Real Madrid que non puido redondear cunha vitoria

O Lleida chega co mesmo balance que o Obradoiro, 1 vitoria e 1 derrota

Veremos o encontro en directo na Televisión de Galicia este domingo ás 12:00 horas

G24.gal 08/10/2026 11:01

O Monbus Obradoiro xoga por segunda semana consecutiva no Multiúsos Fontes do Sar o partido correspondente á terceira xornada da Liga Endesa. Recibirá ao Lleida nun encontro que poderemos ver en directo na Televisión de Galicia (domingo, 12:00 horas). 

O escolta Álex Barcello atendeu á TVG na previa do encontro e fixo un chamamento á afección para que apoien do mesmo xeito que o fixeron contra o Real Madrid onde o Sar volveu a ser unha caldeira. O equipo santiagués completou un gran partido, chegou a forzar a prórroga pero non puido sacar a vitoria. 

O Lleida chega a esta terceira xornada cos mesmos números que o Obradoiro. Gañou o primeiro partido, na pista do Valencia, e no segundo caeu diante de San Pablo Burgos como local. Conta cun dos xogadores máis destacados neste inicio de campionato, James Batemon, capaz de promediar 19'5 puntos por partido. Batemon está a ser secundado por Zach Perrin no xogo interior. 

Tampouco están a ser malos os números de Álex Barcello, que debuta na Liga Endesa. Media 9,5 puntos en 19 minutos que xogou de media nas dúas primeiras xornadas demostrando que vai ser un xogador con moito peso na rotación de Diego Epifanio. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade