Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os aloxamentos do Camiño de Santiago recuperan a ocupación previa á covid-19

Os aloxamentos do Camiño de Santiago recuperan a ocupación previa á covid-19

O sector confía en que non se torzan os bos prognósticos

G24.gal 15/05/2022 13:07 Última actualización 15/05/2022 13:53

Estes días nótase un gran movemento no Camiño de Santiago. Segundos os datos da Oficina do Peregrino, no que vai deste segundo ano Xacobeo chegaron peregrinando a Compostela máis de 64.000 persoas.

Hostaleiros e comerciantes das distintas rutas constatan unha recuperación da actividade económica e unha maior afluencia de xente. 

Pilar, dona de dous aloxamentos con 50 prazas en Palas de Reis, asegura que o Camiño está completamente recuperado. 

Tamén fan un bo diagnóstico os propietarios doutro hostal, situado a carón, e os dun albergue a poucos metros con 90 prazas. Agora agardan que as boas cifras se manteñan.

Aseguran que, polo momento, o que máis reciben son turistas internacionais. Segundo contan, a xente de aquí adoita peregrinar a partir de xuño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar